Os dez millores días

0
238

A Twentieth Century Fox ven de adquirir os dereitos cinematográficos sobre a novela fantástica de Adena Halpern The Ten Best Days of My Life e a desenvolverá como vehículo para que a protagonice Amy Adams e posíbelmente a dirixa Shawn Levy.

Adams interpretará a unha muller que morre e vai ao ceo pero está en perigo de ir a un lugar pior có paradiso a non ser que poida probar que é boa persoa relembrando os millores dez días da súa vida. A novela foi publicada o pasado mes de maio pola editorial Penguin.

Adams fará o seu debut como produtora neste proxecto xunto a Levy e mais a súa empresa, a 21 Laps. Tom McNulty, da 21 Laps, tamén estará vencellado á produción.

Este acordo axunta unha vez mais a Adams e mais a Levy: a actriz interpretara á aviadora Amelia Earhart no filme do ano pasado do mesmo director Night at the Museum: Battle of the Smithsonian.