Nun flashback vemos como, após do ataque dos sintéticos en Marte, Picard esixiu á Frota Estelar que aceptara o seu plan de evacuación ou a sua dimisión. Elixiron isto último; a súa axudante Raffi, que sospeitaba que os romuláns estaban vencellados ao ataque, foi despedida. No presente, Picard pide axuda a Raffi, quen indignada bóta-o, pero non sen ates recomendar-lle un piloto para a súa misión, Chris Rios. Mentras tanto, a bordo do cubo Borg, o director do proxecto Hugh, un ex-dron Borg, leva a Soji a ver a un grupo de ex-drons romuláns. Un dos romuláns reclamados declara que Soji é “a destrutora” e intenta suicidar-se; Soji utiliza a súa velocidade para dete-la. A irmá de Narek advírte-lle de que no se namore de Soji. Picard, Laris e Zhaban son atacados por axentes de Zhat Vash. Matan a todos menos a un, que tamén chama a Soji “a destrutora” baixo interrogatório, antes de se disolver nunha poza de ácido. A comodora Oh achéga-se á doutora Jurati e cónta-lle todo, antes de decidir unir-se a Picard na sua viaxe. Picard e Jurati suben á nave La Sirena de Ríos e atopan a Raffi alí. Esta diríxe-os a Freecloud, onde cré que está Bruce Maddox.