Sam Raimi regresa á Marvel co Doutor Strange

557

Coa sua triloxía de filmes de Spiderman a princípios dos anos 2000, o realizador Sam Raimi contribuíu definitivamente crear coa Sony a nova era dos superheroes no cinema que estamos a vivir. E agora Raimi vai regresar á Marvel Studios e atopa-se negociando a posibilidade de dirixir a vindeira Doctor Strange in the Multiverse of Madness.

O responsábel da primeira entrega de 2016, Scott Derrickson, ía ser o encargado de sentar na cadeira de director para este agardado regreso do Mestre das Artes Místicas, pero tivo que abandoar o proxecto por mor de “diferéncias creativas” a finais do ano pasado. Nombergantes, aínda ficará a bordo coma produtor executivo.

Michael Waldron, un dos ex-guionistas de Rick and Morty e máximo responsábel da vindeira série Loki para a Disney+, será o encargado de escribir o guión deste filme, tomando o posto que até agora ocupaba Jade Bartlett.

Benedict Cumberbatch repetirá o seu papel de Feiticeiro Supremo neste filme, do que se di que será a primeira película de terror dentro do Universo Cinemático da Marvel e conectará-se coa estrea de WandaVision na Disney+ a primeiros de decembro.

O último traballo coma director de Raimi foi en 2013 con Oz the Great and Powerful, e a rodaxe para o que podería ser o seu novo filme debe comezar en maio, coa vista posta nunha estrea que non se producirá até o mesmo mes do ano que ven.