Jackson e o Vento nos Salgueiros

O escritor Julian Fellowes, o produtor Gerald R. Molen e mais o director Peter Jackson van-se asociar para faceren unha nova longametraxe que versionará a clásica novela para nenos The Wind in the Willows.

O clásico literário que Kenneth Grahame escribiu en 1908 está ambientado na Inglaterra eduardiana e narra as aventuras dunha toupeira que abandoa o seu fogar subterráneo por primeira vez e atopa moitas estrañas creaturas, coma unha rata que adora o auga, o sábio pero rosmón teixugo, e mais o rico, alegre pero aparvado sapo.

A rodaxe terá lugar nos estudos Stone Street en Nova Celándia, propriedade de Jackson, mentres que a Skywalker Sound encargará-se dos efectos de sóns e mais do ruído de ambiente. A Weta Digital ocupará-se dos gráficos xerados pro computador para os catro persoaxes principais, aos que prestarán as súas voces actores cos que están a negociar.

Fellowes escribiu este guión para unha versión musical da novela hai xa moitos anos. A WETA de Jackson estivo vencellada á devandita versión dende o seu comezo, pero o proxecto nunca chegou a saír adiante.

Aínda que é case unha descoñecida fóra do mundo anglosaxón, a história foi xa adaptada ao cinema e mais á televisión en numerosas ocasións, se cadra a de mais sona é a da Cosgrove Hall Films, unha versión con monicreques emitida na tele dende 1983 a 1990.