Stallone na era dos ex-superheroes

19

Grazas ao cinema dos últimos anos xa coñecemos como son e como viven os superheroes, pero o director de Overlord, Julius Avery, e mais o actor e guionista Sylvester Stallone queren presentar-nos no vindeiro thriller Samaritan como son os ex-superheroes.

Neste filme, Stallone interpretará a un heroe xubilado a quen todos daban por desaparecido pero que un día atopa un neno, sen saber que estaba aínda vivo. O actor de once anos Javon “Wanna” Walton, cinco veces campión estatal de boxeo de Georgia, será quen interprete a este neno.

Martin Starr (Silicon Valley), Pilou Asbaek (Game of Thrones), Dascha Polanco (When They See Us) e Moisés Arias (Monos) serán os outros protagonistas. Avery dirixirá a partir dun guión de Bragi F. Schut, Mark L. Smith, Zak Penn e Chuck MacLean.

A United Artists planea poder estrear o filme para o 11 de decembro deste mesmo ano.