Morreu Kevin Conway, o Kahless

23

Kevin ConwayO veterán actor Kevin Conway morreu o pasado mércores aos 77 anos de idade por mor dun ataque ao corazón. Conway era un actor de carácter tanto no cinema coma nos teatros de Broadway. Na televisión os fans sempre o relembraremos coma o lendário guerreiro Klingon Kahless en Star Trek: The Next Generation. Ademais, foi a Voz de Control na série The Outer Limits e no cinema participou no clásico da ciéncia-ficción Slaughterhouse-Five.