Stallone e Bay viaxan á Pequena América

864

Pensando no futuro despois da súa vindeira Samaritan, Sylvester Stallone xa conta con protagonizar o thriller de acción Little America para a AGC Studios e mais a Platinum Dunes, con Michael Bay vencellado coma produtor executivo.

A história, que lembra moito á de Escape From New York, está ambientada nun futuro distópico onde os Estados Unidos están na bancarrota e se converteron nunha zona de guerra. Stallone interpretará a un antigo soldado do exército contratado por un billonário asiático para que atope á súa filla.

Coa axuda da altamente adestrada irmá da muller perdida, deberá navegar polos escuros recunchos da Pequena América, unha vila pechada con muros dentro de Hong Kong onda moitos americanos fuxiron.

Rowan Athale (Strange But True) será o director a partir dun guión que el mesmo escribiu. A rodaxe comezará este verán, xusto cando Stallone remate con Samaritan.