Michael Chernus (Tommy, Patriot) ven de se unir ao reparto e Josh Ruben (Scare Me) foi contratado coma director de Werewolves Within, unha adaptación ao cinema do videoxogo homónimo de realidade virtual da Ubisoft.
O xogo orixinal está situado nunha vila fantástica medieval que é atacada por un lobishome, e os xogadores deben adiviñar quen de entre os seus habitantes é o monstro.
Pola súa banda, a película estará ambientada nunha pequena vila de Vermont cando unha enorme treboada aílla-a do resto do mundo. Nesa situación comezan a xurdir vellos resentimentos mentres os estraños habitantes da vila son asasinados un a un por unha misteriosa creatura que se agocha entre eles.
Chernus interpretará a Pete, un lampantín moi amigábel casado con Trish e quen non comparte tan incondicionalmente as súas crezas. Sam Richardson (Veep) será o coprotagonista, mentres que a escritora e guionista Mishna Wolff adaptou o guión para a pantalla grande.
Jason Altman, Margaret Boykin e Andrew Lieberman serán os produtores.