Moranis volve encoller aos nenos

824

O actor de Spaceballs e Ghostbusters Rick Moranis, que levaba retirado de Hollywood dende hai vinte anos, ven de pechar un acordo polo que se converterá nun dos protagonistas do vindeiro filme Shrunk da Disney Pictures.

A longametraxe será unha continuación do clásico de 1989 Honey I Shrunk the Kids e das súas dúas secuelas, e nela Moranis regresará ao seu papel de Wayne Szalinski. Nesta nova versión, Josh Gad interpreta ao seu fillo adulto que aspira a converter-se nun grande científico coma seu pai, e accidentalmente encolle aos seus fillos, o mesmo que fixera o seu pai.

O proxecto estaba planeado nun primeiro momento para ser un telefilme dirixido ao público da Disney+ pero agora decediu-se que será unha película que se poderá ver nos cinemas, e dirixida por Joe Johnston, quen foi o responsábel do filme orixinal hai 30 anos e mais recentemente de Captain America: The First Avenger. David Hoberman e Todd Lieberman serán os produtores e Todd Rosenberg escribirá o guión.