Hugh Laurie continuará en Avenue 5

21

A canle HBO ven de renovar oficialmente a comédia de ciéncia-ficción de Armando Iannucci Avenue 5 para unha segunda tempada, mália que só se levan emitidos catro episódios até agora.

Avenue 5 ten lugar a bordo dun cruceiro espacial e ten coma protagonistas á súa tripulación e aos pasaxeiros cando durante unha das viaxes acontece algo extraordinário. Hugh Laurie, Josh Gad, Lenora Crichlow e Zach Woods son os seus protagonistas.

As críticas e mais a audiéncia polo de agora non foron moi positivas no millor dos casos, pero a HBO quere dar un voto de confianza a unha série da que espera sacar mais benefício grazas ao público que hoxe en día segue os programas vía streaming.