Após do peche do proxecto do “Dark Universe” da Universal Pictures por mor do fracaso do relanzamento de The Mummy, os plans para continuar facendo mais películas de alto orzamento cos monstros clásicos da Universal foron abandoados.
A princípios de 2017, os estudos tiñan a esperanza de facer novas versións de Frankenstein (con Javier Bardem), The Invisible Man (con Johnny Depp), The Bride of Frankenstein (con Angelina Jolie), The Wolfman e Dracula, todas elas vencelladas polo elemento dunha misteriosa organización internacional chamada Prodigium liderada polo doutor Henry Jekyll (Russell Crowe).
Cando o proxecto foi cancelado, a produción das novas versións simplemente se detivo e os novos plans pasaron a unha nova fase: longametraxes mais modestas, con cadanseu director e cadansúa visión particular, o que permitiría mais espazo á creatividade e se cadra a obter uns persoaxes mais provocadores, con millores críticas e tóns diferentes para cada fita.
O recente filme do realizador australián Leigh Whannell The Invisible Man é o primeiro resultado desta nova fase de filmes e chegará ás pantallas a finais deste mes. Cun orzamento minúsculo de sete millóns de dólares e cun tón de thriller dos anos 90, xa tivo unha boa acollida na preestrea e os estudos agardan obtér entre 20 e 40 millóns de dólares só na súa primeira fin de semana.
Entre os vindeiros plans da Universal está ademais The Invisible Woman, un guión orixinal da directora Elizabeth Banks que seica será totalmente diferente ao filme de Whannell e sen conexión co mesmo, e Dark Army de Paul Feig. E o terceiro plan nesta quenda sería un dos que os estudos cancelaron: The Bride of Frankenstein.
A produtora Amy Pascal e mais o actor e director John Krasinski están a explorar a posibilidade de reimaxinar ao persoaxe para o cinema, e entre as cousas que poderían acontecer é ver xuntos a Jolie e a Bardem nun filme que dirixiría Bill Condon. Pascal trouxo a bordo do proxecto ao guionista David Koepp (Jurassic Park), quen describiu a súa versión coma “un monstro feminino creado só para ser compañeira, pero que ten xusto o contrário en mente“.
Se Jolie continúa ou non comprometida co persoaxe é algo que aínda non está moi claro, dado que non hai nada oficial. Polo de agora os estudos só informaron que están abertos a que algún realizador aporte “unha versión nova e creativa” ao material.