Jennifer Lawrence protagonizará e Adam McKay dirixirá a nova comédia Don’t Look Up, da que a Netflix ven de se facer cos dereitos.
A história vai sobre dous astrónomos debaixo nivel que deben embarcar-se nunha grande xira cos médios de comunicación para advertir á humanidade de que un asteroide está a se achegar e vai destruír a Terra.
McKay escribiu esta comédia e será ademais o produtor xunto a Kevin Messick. A rodaxe comezará en abril e a estrea se producirá este mesmo ano.
O proxecto non garda relación con Bad Blood, a longametraxe da Legendary Entertainment sobre o escándalo de Theranos que tamén ten á mesma parella, McKay coma director e Lawrence de protagonista no papel de Elizabeth Holmes.