Waltz e Pearce atravesarán a Porta Portátil

13

Christoph Waltz e Guy Pearce serán os protagonistas da comédia de aventuras fantásticas The Portable Door para a Jim Henson Company e mais os estudos australiáns Story Bridge Films.

A história, que está baseada nas novelas de Tom Holt, narra as aventuras de Paul Carpenter, un novo becário na misteriosa empresa londiniense J.W. Wells & Co., que se decata axiña de que os seus xefes son calquera cousa menos normais.

O carismático falcatruán Humphrey Wells (Waltz), o presidente da compañía, está a alterar o mundo da máxia ao mesturar estratéxias corporativas modernas coas antigas prácticas máxicas. Dennis Tanner (Pearce) é un trasno capaz de mudar de forma e atrapado no médio da xeréncia da organización.

Jeffrey Walker (Lambs of God) será o director a partir dun guión adaptado por Leon Ford (Griff the Invisible). Lisa Henson e Blanca Lista serán as produtoras.