A Dark Horse presenta ao Predator orixinal

754

A Dark Horse Comics ven de anunciar a publicación de Predator: The Original Screenplay, unha adaptación ao cómic en cinco partes do guión orixinal do filme Predator escrito por James E. Thomas e John C. Thomas. Para esta versión, o guión foi escrito por Jeremy Barlow, con debuxos de Patrick Blaine e entintado a cargo de Andy Owens.

A película Predator, dirixida en 1987 por John McTiernan e cun guión dos irmáns Thomas, estivo protagonizada por Arnold Schwarzenegger no papel do líder dun comando militar de élite que tiña por misión rescatar aos prisioneiros dun grupo guerrilleiro, pero que acababan por se converter eles mesmos no obxectivo da caza dun ser extra-terrestre. O guión orixinal titulába-se Hunters e ía sobre un grupo de cazadores alieníxenas de diferentes espécies que tiñan distintos obxectivos, pero ao final ficaba só ún, decidido a cazar ao grupo de humáns.

Neste cómic, o deseño do Depredador é radicalmente distinto ao que Stan Winston creou para a pantalla grande. O contorno de Centroamérica fica sendo o mesmo nombergantes. Nunha entrevista, Barlow dixo: “Os ósos do Depredador están aí, pero a ideia orixinal era moi diferente e nalgúns xeitos moito mais profunda do que chegou ser o filme, e nós apoiámo-nos moito nesas diferéncias“.

O número 1 de Predator: The Original Screenplay aparecerá nos andéis das librarías a partir do 10 de xuño.