Após de dirixir persoalmente as catro anteriores entregas, Steven Spielberg ven de anunciar por sorpresa que non se vai encargar da vindeira película da súa saga de Indiana Jones.
Aínda que falla por pechar definitivamente o acordo, todo fai indicar que o responsábel de The Wolverine e Logan, o neoiorquino James Mangold, será quen sente na cadeira de director mentres que Spielberg ficará a bordo do proxecto coma produtor.
Seica a decisión de marchar foi tomada por Spielberg, que quere pasar o facho a unha nova xeración que achegue unha perspectiva de seu á história. Harrison Ford pola súa banda falou recentemente nunha entrevista que está aínda moi animado para continuar no papel do arqueólogo e aventureiro.
Nombergantes, coa chegada doutro director, é posíbel que o filme sexa adiado unha vez mais para lle dar tempo ao novo responsábel a tomar as rendas. A data de estrea estaba polo de agora fixada para o 9 de xullo de 2021. O voceiro de Spielberg e mais o da Disney non quixeron facer comentários neste senso.
George Lucas, que foi o co-creador da saga de Indiana Jones canda Spielberg, está retirado e non se agarda que participe de ningún xeito oficial no novo filme.