A Netflix fai-se coa Rosa Vermella

443

A Netflix ven de se asegurar os dereitos para distribuír en todo o mundo Red Rose, a nova série de terror da BBC e a eOne creada polos xemelgos Michael e Paul Clarkson (His Dark Materials, The Haunting Of Bly Manor).

A série vai sobre un grupo de estudantes ingleses que descobren a sinistra “app” Red Rose, que os anima a levar a cabo unha chea de desafíos cada vez mais e mais perigosos.

Unha das participantes no grupo, Rochelle Jackson, descárga-se o aplicativo e pon en movemento unha série de acontecementos que unirá aos amigos para se enfrontaren a unha entidade que semella ser sobrenatural.

A série, de oito episódios, está coproducida pola Eleven, responsábel doutro enorme éxito entre a rapazada de hoxe en día, Sex Education, e rodará-se en Manchester e Bolton a partir do mes de xuño. Polly Williams, Mona Qureshi, Joel Wilson e Jamie Campbell serán os produtores executivos.