O Día dos Mortos na Syfy

466

A canle Syfy ven de encargar a produción de dez episódios para Dead, unha nova série de televisión inspirada na clásica longametraxe de zombis de 1985 Day of the Dead dirixida por George A. Romero. A família do falecido director, de todos os xeitos, quixo aclarar vía Twitter que non teñen ningunha relación con este proxecto, que non conta co seu visto bó nin as súas benzóns.

A história estaría baseada na terceira película de zombis de Romero, que vai sobre seis estraños que deben sobrevivir as primeiras 24 horas despois da invasión dos “non-mortos”. O filme orixinal xa foi obxecto de dous remakes, o mais recente deles en 2018.

A série, que contará coa produción da Cartel Entertainment (a mesma empresa atrás de Creepshow, esta si respaldada polos herdeiros de Romero), terá a Jed Elinoff e a Scott Thomas coma guionistas e showrunners.

Stan Spry, Jeff Holland, Drew Brown, Robert Dudelson, James Dudelson e Jordan Kizwani son os produtores executivos deste proxecto.