Leigh Whannell traballará para a Blumhouse

914

O director da recente The Invisible Man, Leigh Whannell, ven de asinar un acordo de primeiro lance coa Blumhouse Productions de Jason Blum para cinema e mais televisión.

O acordo ,de dous anos de duración, cubrirá proxectos que Whannell propoña escribir, dirixir ou producir, e chega despois de que nos últimos dez anos ambas partes colabouraran en alomenos sete casos, entre os que se inclúen Upgrade ou a franquía de Insidious.

Whannell dixo que “a Blumhouse asumiu moitos riscos comigo e eu anceio asumir moitos mais con eles mentres continúen medrando no cinema e mais na televisión“.

Mentres tanto, The Invisible Man acadou o cúmio da listaxe das películas mais vistas esta pasada fin de semana, recadando 29 millóns de dólares a partir dun proxecto que só custou sete, e todo elo con críticas moi positivas por parte da prensa.