Courteney Cox nunha comédia terrorífica

Courteney Cox, a quen case todo o mundo coñece polo seu papel de Monica Geller na série Friends dos anos 90, será a protagonista do episódio piloto de Shining Vale, unha nova comédia de terror para a canle de televisión Starz.

A história vai sobre unha família desestruturada que se muda dende a cidade até unha pequena vila a unha casa onde se cometeron terríbeis atrocidades, pero seica ninguén se decata agás Pat (Cox) que está convencida de que está deprimida ou posuída.

Pat é unha antiga “nena salvaxe” que escribiu unha novela ao xeito de Valley of the Dolls que se fixo famosa. Agora, dezasete anos despois, está desintoxicada e sóbria, pero insatisfeita nun matrimónio aburrido con nenos e cunha aventura de dúas semanas cun veciño músico.

A série contará con Jeff Astrof coma guionista e produtor executivo. Sharon Horgan é ademais a coautora da história orixinal.