O remake de Namoire-me dunha Meiga

20

A clásica comédia romántica Bell, Book & Candle protagonizada por Jimmy Stewart e Kim Novak en 1958 podería contar axiña cun remake, que producirán Jay Weston e Sara Risher.

Weston fíxo-se cos dereitos para facer o remake, que pertencían aos herdeiros do autor orixinal John van Druten, e logo colabourou co infame Harvey Weinstein no proxecto durante vários anos. Weinstein e a Miramax están por suposto xa fóra do proxecto e Weston negociou de novo para facer-se cos dereitos, esta vez acompañado de Risher, unha veterana executiva da indústria do cinema.

No filme de 1958, Novak interpretaba a unha meiga que vive no moderno Manhattan canda seu irmán, un bruxo a quen interpretaba Jack Lemmon, e mais unha aparvada vella meiga (Elsa Lanchester). Para evitaren ser desafiuzados, Novak enmeiga ao persoaxe de Stewart usando ao seu gato Pyewacket para lle obrigar a se namorar dela, despois de que el mercase o edifício.

Bell, Book and Candle foi considerada un enorme éxito nos despachos de billetes pola Columbia e antes do seu lanzamento foi promovida en consecuéncia. Novak apareceu canda Pyewacket na portada da revista Life, houbo artigos favorábeis noutras revistas salientábeis e o programa de Steve Allen na tele presentou o tema musical.

O creador de Bewitched, Sol Saks, admitiu que se baseou fondamente neste filme para a súa série de televisión, pero aínda que se fixeron algúns intentos (un en 1976 e outro en 2006) nunca se chegou facer unha nova versión.