DVD do Espírito do Bosque

0
187

O Espírito do BosqueA terceira longametraxe do estudo de animación Dygra Films, Espírito do bosque, dá o chimpo da grande pantalla aos fogares coa saída este fin de semana do DVD do filme con numerosos extras.

Este lanzamento prodúce-se após dunha dúcia de semanas consecutivas en carteleira, nas que Espírito do Bosque, distribuída en España por Manga Films, superou unha recadación dun millón de euros. Entre os extras da edición en DVD de Espírito do Bosque atópa-se a curtametraxe O bufón e a Infanta (nominado ao millor Goya de animación o ano pasado), xogos interactivos, making of, galerías de fotos, tráiler, etc.

En canto ao seu percorrido internacional, o filme foi vendido xa a máis de 30 países de todo o mundo e están a se pechar estreas en países coma Rúsia, Índia ou Turquía, que se prevé sexan os máis iminentes.