Schnetzer é Yorick en Y: The Last Man

25

Ben Schnetzer (Warcraft) é o novo protagonista, no papel de Yorick Brown, na longamente agardada série Y que prepara a canle FX baseada no aclamado cómic de Brian K. Vaughan e Pia Guerra Y: The Last Man.

Na história orixinal, Yorick e mais o seu macaco Ampersand son os derradeiros mamíferos de sexo masculino que fican na Terra despois de que unha praga apocalíptica elimine de súpeto a todos os seres cun cromosoma Y. E cando as mulleres herden o planeta, o segredo da supervivéncia de Yorick podería ser a única esperanza para que a humanidade teña unha segunda oportunidade.

Diane Lane será a coprotagonista nesta série, no papel da senadora Jennifer Brown, a nai de Yorick. Imogen Poots será a súa irmá Hero, Lashana Lynch é a súa gardacostas, a Axente 355, e Juliana Canfield, Marin Ireland e Amber Tamblyn serán as outras protagonistas.

Eliza Clark será a showrunner do programa, que contará con Melina Matsoukas na produción executiva. A mesma Matsoukas dirixirá o episódio piloto, para o que aínda non hai unha data de estrea fixada pola canle.