O filme M.A.S.K. xa ten guionista

O guionista da recente fita Bad Boys for Life, Chris Bremner, será o encargado de escribir a adaptación ao cinema de M.A.S.K., a clásica liña de xoguetes dos anos 80 que coproducirán a Paramount Pictures e mais a Hasbro.

A história está baseada nos bonecos da cogueteira Kenner, aparecidos nos anos 80, e na súa série de debuxos animados de acompañamento, que narraban as aventuras do Mobile Armored Strike Kommand (M.A.S.K.), unha forza de combate cuxa misión era eliminar á organización criminosa rival V.E.N.O.M.

O plan actual é crear un filme contemporáneo cun ángulo de empoderamento xuvenil, segundo dixeron nos estudos. F. Gary Gray (Men in Black: International) será o director e produtor por médio da Fenix Studios e a Allspark Pictures.

Bremner pola súa banda está asemade a escribir o guión para unha terceira entrega da saga National Treasure na Disney.