Antonio Banderas úne-se a Uncharted

26

O recente nominado ao Oscar Antonio Banderas, xunto a Tati Gabrielle (Chilling Adventures of Sabrina) e Sophia Taylor Ali (Truth or Dare) unirán-se a Tom Holland e Mark Wahlberg no reparto de Uncharted, a adaptación do famoso videoxogo que están a preparar a Sony Pictures e a Atlas Entertainment.

O realizador Ruben Fleischer (Zombieland, Venom) será o encargado de dirixir este filme baseado na saga de videoxogos e que ten coma protagonista a Nathan Drake (Holland), un cazador de tesouros que se aventura polo mundo para resolver mistérios históricos.

Polo de agora non se sabe que papel farían Banderas, Ali e Gabrielle no filme. Art Marcum e Matt Holloway escribiron a versión mais recente do guión e contan con que a estrea se producirá o 5 de marzo de 2021.

Charles Roven, Alex Gartner, Avi Arad e Ari Arad son os produtores.