A Universal Content Productions está a desenvolver unha série antolóxica baseada en The Ice Cream Man, a popular saga de cómics de terror e fantasía da editorial Image Comics, para a vindeira empresa de streaming Quibi que comezará a se emitir a partir do 6 de abril.
The Ice Cream Man (o xeadeiro) é unha desas figuras recorrentes no moderno terror suburbán americano, coa musiquiña do seu camión e sempre rodeado de nenos. Nos cómics, encárga-se de distribuír culleradas de dor e sofremento para os desventurados habitantes da vila.
A série da Quibi tentará mergullar-se neste típico pesadelo suburbán americano con “histórias que son intemporáis pero actuais, próximas pero estrañas, e aterradoras e irónicas a partes iguais, sempre cun xiro macabro final“.
Adam e Max Reid (Sneaky Pete) escribiron os guións da série e serán ademais os produtores executivos.