Adam Shankman (17 Again, Disenchanted) ven de ser anunciado coma director da vindeira secuela do filme Hocus Pocus para a Disney+.
A continuación da clásica comédia infantil de 1993 que protagonizaron Bette Midler, Sarah Jessica Parker e Kathy Najimy contará cun guión de Jen D’Angelo, que ademais será a coprodutora.
A película recibiu no seu día críticas negativas da prensa e non acadou éxito entre o público, polo que a Disney acabou perdendo ao redor de 16 millóns de dólares. Nombergantes, grazas á súa típica redifusión no día de Samaín na canle Disney Channel, Hocus Pocus foi redescuberta polo público ao longo dos anos, o que deu lugar a un aumento anual das vendas de vídeos, e dende entón, a súa sona medrou até se converter nun clásico de culto moi aprezado.
As protagonistas do filme orixinal non van reaparecer nos seus papéis, pero seica os estudos teñen a esperanza de que dalgún xeito fiquen vencelladas a este filme, que será unha secuela e non un relanzamento. Lynn Harris será a produtora.