Stargirl comeza a se emitir en Maio

A Warners ven de anunciar que a súa vindeira série de televisión Stargirl, baseada no clásico cómic da DC Comics, debutará por fin o 11 de maio no servizo de streaming DC Universe antes de pasar á canle The CW ao día seguinte.

Os seguintes episódios continuarán probábelmente coa mesma difusión, para lle dar unha oportunidade de éxito ao servizo de streaming que polo de agora non conta con moito éxito. Os subscritores de DC Universe recibirán ademais mais ofertas exclusivas relacionadas coa série, que de todos os xeitos aparecerá nas plataformas dixitáis da The CW.

A série vai sobre a estudante de secundária Courtney Whitmore (Brec Bassinger) que se muda a Blue Valley, Nebraska, despois de que a súa nai case de novo con Pat Dugan (Luke Wilson). Alí, Courtney inspirará a un grupo de novos heroes para detér aos falcatruáns do pasado. O elenco de protagonistas está formado por un grupo de rapaces entre os que se atopan Trae Romano, Cameron Gellman, Yvette Monreal, Anjelika Washington, Meg DeLacy, Neil Jackson, Jake Austin Walker, Christopher James Baker e Hunter Sansone.