Hampshire chega á vila de Stephen King

441

A actriz canadiana Emily Hampshire (The Returned, 12 Monkeys) unirá-se a Adrien Brody na série da Epix Chapelwaite, baseada na novela curta Jerusalem’s Lot orixinal de Stephen King.

Ambientada na década dos 50 do século XIX, Brody interpreta ao capitán viúvo Charles Boone, quen chega xunto á súa família de tres fillos á casa dos seus devanceiros na pequena e esquecida vila de Preacher’s Corners, Maine. Alí nombergantes Charles deberá enfrontar-se aos terríbeis segredos da súa história familiar e loitar contra unha escuridade que asolagou aos Boone durante xeracións.

Hampshire interpretará a Rebecca Morgan, unha cobizosa muller que abandonou Preacher’s Corners para ir á universidade e que regresa ao seu lar para escribir unha história para o xornal Atlantic Magazine. Na vila, solicitará o traballo de ama de chaves da família Boone, co obxectivo de poder escribir sobre eles.

A rodaxe comezará en maio coa ideia de poder lanzar a série en outono. Donald De Line é o produtor executivo e os irmáns Jason e Peter Filardi serán os showrunners. A Hampshire poderémo-la ver axiña ademais na vindeira estrea de Sam Raimi na Quibi, 50 States of Fright.