Antena 3 prepara unha galáctica

0
250

Antena 3 ofrecerá este sábado, a partir das 22:30 horas, a estrea da série de debuxos animados Star Wars: As guerras clon, a espectacular série ideada e producida por George Lucas que chega á cadea após da película estreada este verán nos cinemas.

O prime time da canle incluirá a emisión dun capítulo de Os Simpson relacionado coa mítica saga, a estrea da devandita série coa emisión dos catro primeiros capítulos e, de seguido, a proxección do filme A Guerra das Galáxias, a longametraxe que inaugurou a franquía composta por seis superproducións.

A canle de TDT Neox preestreara Star Wars: As guerras clon o pasado venres 26 de novembro, convertíndo-se na segunda emisión máis vista da história da TDT en España, cun 2,18% de cota e 376.000 espectadores, só superada por Os incríbeis, tamén emitida en Neox, con 386.000 espectadores.

Star Wars: The Clone Wars, a primeira série de animación semanal producida pola Lucasfilm Animation, a produtora de George Lucas, narra as aventuras de Anakin Skywalker, Obi Wan Kenobi, Yoda, Ahsoka Tano e o resto de persoaxes da Guerra das Galáxias ancadrados no bando da República na súa loita contra o Lado Escuro, integrado polo exército Separatista e o seu innumerábel exército de androides. A produción tamén aborda o misterioso pasado do Conde Dooku, do xeneral Grievous e das relacións entre os comandantes clons na guerra.