O derradeiro de nós, nova série na HBO

O videoxogo The Last of Us creado pola Naughty Dog para a plataforma Sony PlayStation converterá-se nunha série de televisión na canle HBO na que participará o creador de Chernobyl, Craig Mazin, coma showrunner e produtor executivo.

O xogo vai sobre Ellie e Joel, unha rapaza adolescente e mais un vello e duro contrabandista que viven nun mundo cheo de zombis e destruído por unha praga de fungos que aniquilou á humanidade. O xogo lanzou-se en 2013, foi premiado coma “Xogo do Ano” por moitas revistas especializadas e vendeu mais de 17 millóns de cópias.

A adaptación ao cinema levaba vários anos sobre a mesa, pero o proxecto nunca chegou coallar e foi considerado coma problemático porque a súa história é moi longa e densa e semellaba imposíbel de comprimir nun só filme cun máximo de dúas horas de duración sen perder moitas das cousas que o facían especial.

Para unha série de televisión nombergantes eses problemas non existen, e neste caso o guionista do xogo e director creativo do mesmo, Neil Druckmann, estará fortemente vencellado á série e traballará canda Mazin para escribir e para participar ademais coma produtor executivo.

A série cubrirá os acontecementos do primeiro xogo, pero presentará tamén novos contidos e algúns elementos que non aparecerán até a segunda parte, unha secuela que non verá a luz até o vindeiro mes de maio.

Carolyn Strauss e mais o presidente da Naughty Dog, Evan Wells, participarán tamén coma produtores executivos da que será a primeira série de televisión baseada nun videoxogo da PlayStation Productions, que por outra banda está xa a planear novas posibilidades baseadas noutros títulos.