Os Obama producen cinema fantástico

578

Os directores de Avengers: Endgame, os irmáns Joe e Anthony Russo, e mais a súa compañía produtora, a AGBO, van-se asociar coa Netflix e coa produtora de Michelle e Barack Obama, a Higher Ground Productions, para adaptaren ao cinema a novela supervendas de Mohsin Hamid Exit West.

A história vai sobre unha parella nova, composta por Saeed e Nadia, que viven nunha cidade sen nome que está a pasar por unha guerra civil e da que finalmente non teñen mais remédio que fuxir, usando un sistema de portas máxicas que levan a distintas localizacións por todo o planeta. O conto, por suposto ademais de fantástico, é unha alegoría da dura realidade que os emigrantes deben padecer para poder fuxir da guerra e dos contrastes entre a súa situación e a dos privilexiados membros da segunda e terceira xeración que xa están integradas no país de acollida.

Riz Ahmed (Venom, Rogue One: A Star Wars Story) será o protagonista e ademais o produtor executivo dun filme que dirixirá o realizador francés Yann Demange. Jessica Goldberg escribiu a última versión do guión que adaptaba a novela ao cinema, pero agora están a buscar un novo escritor.

Mike Larocca, Tonia Davis e Priya Swaminathan serán os produtores. A rodaxe ten previsto comezar en primavera.