A saga Wings of Fire en debuxos animados

A Warner Bros. Animation, a ARRAY Filmworks e mais a guionista e directora Ava DuVernay desenvolverán unha série de debuxos animados baseada na saga de libros Wings of Fire, orixinal da escritora venezolana Tui T. Sutherland.

A série, unha aventura épica, está ambientada nun mundo governado polos dragóns. A través dos continentes de Pyrrhia e Pantala e das dez tribos que os habitan, a saga explora guerras, amizades e aventuras que abranguen xeracións enteiras de dragóns.

A obra orixinal está composta por quince novelas, tres novelas gráficas e catro contos. Os libros venderon xa mais de nove millóns de cópias en todo o mundo e foron traducidos a dezaséis línguas.

DuVernay será a produtora executiva xunto a Sutherland, Dan Milano, Christa Starr e Sam Register. O traballo de DuVernay poderémo-lo ver tamén noutras producións futuras da Warner Bros. Television Group, coa que ten asinado un acordo de colaboración.