A Netflix ven de encargar a produción de vinte episódios dunha nova série de debuxos animados titulada Mulligan, unha comédia creada por Robert Carlock e Sam Means, quen serán os produtores executivos xunto a Tina Fey. O seu argumento vai sobre un ataque alieníxena que destrúe a Terra, e o que resta da humanidade debe comezar de cero, esta vez tentando non cometer os mesmos erros.