Goran Višnjić é o novo Drácula

31

Un dos antigos actores da série Timeless, o croata Goran Višnjić, será o novo Conde Drácula na vindeira série de vampiros The Brides, orixinal do mesmo creador de Chilling Adventures of Sabrina, Roberto Aguirre-Sacasa, para a ABC e a Warner Bros. TV.

A série é unha adaptación contemporánea do clásico libro de terror de Bram Stoker, pero esta vez centrado no trío de mulleres inmortáis que son as noivas de Drácula, e nas cousas que deben facer para manteren a riqueza, o legado de prestíxio e a súa pouco tradicional família.

Nesta versión, o Drácula interpretado por Višnjić é o responsábel de converter en vampiros ás tres rapazas, pero leva moito tempo desaparecido e dado por morto, co seu castelo nos Cárpatos destruído. As súas tres noivas, Cleo (Gina Torres), Lily (Katherine Reis) e Renee (o papel está aínda sen dona) fuxen para comezaren unha nova vida xuntas.

Chis Mason e Sophia Tatum serán as outras protagonistas, mentres que Greg Berlanti (tamén responsábel de Sabrina) será o produtor executivo. A Višnjić vímo-lo recentemente interpretando a Nikola Tesla nun episódio de Doctor Who e aínda ten por estrear o seu papel de Alastair Adana na agardada segunda tempada de The Boys, que chegará ás pantallas da Amazon a finais deste ano.