O guionista de cómic e director de cinema Frank Miller estivo hoxe en Londres e os xornalistas lle preguntaron sobre a agardada secuela do filme que dirixiu el mesmo en 2006, Sin City. E a súa resposta foi moi positiva, xa que confirmou que a segunda parte xa está en marcha.
“Sin City 2 está escrita“, dixo. “É principalmente un asunto de traballar nos detalles da produción. Espero facer isto con Robert Rodriguez outra vez nas mesmas circunstáncias nas que fixemos a primeira, e poderiamos comezar a rodar en abril“.
O que non quixo revelar foi ningún detalle sobre o argumento, pero si deixou entrever que hai moitas posibilidades de que Sin City 2 visite as salas de cinema antes de que remate o ano que ven.