Amanda Tapping regresa ao Santuário

39

Case oito anos despois da súa cancelación na SyFy, a série de ciéncia-ficción e fantasía canadiana Sanctuary vai regresar á tele, e coa mesma protagonista Amanda Tapping no papel da doutora Helen Magnus.

O produtor executivo Martin Wood e a All Canadian Entertainment veñen de pechar un acordo cos donos dos dereitos, a compañía The Beedie Group, para merca-los e poder deste xeito comezar o desenvolvemento de novos episódios dunha série que se emitiu ao longo de catro tempadas dende 2007 a 2011.

A protagonista do programa era Magnus, unha teratóloga de 157 anos, e mais a súa equipa de expertos que traballan no Santuário, unha organización que sempre está á busca de críptidos, creaturas e xente extraordinárias, coñecidas coma os Anormáis, coa misión de axuda-los e aprender deles mentres ao mesmo tempo tenta conter aos mais perigosos.

A série orixinal filmára-se case por completo usando unha pantalla verde e moitos efectos xerados por computador e foi daquela a primeira série rodada integramente coa cámara RED (Red Digital Cinema) en América do Norde.