Hancock regresará

0
196

Confirmou-se o rumor: Will Smith ven de revelar que haberá “indubidábelmente” unha segunda parte de Hancock, o filme sobre un superheroe frustrado que o actor protagonizou este ano xunto a Charlize Theron.

Segundo Smith, había moitos persoaxes na película que merecían ser “explorados“, o que xustifica sobradamente que se rode unha segunda parte. Ademáis desas vías polas que paga a pena seguir co persoaxe, a recadación da longametraxe aconsella tamén rodar a secuela: máis de 623 millóns de dólares en todo o mundo, o que a convirte nunha das que máis recadaron no despacho de billetes neste 2008.

A aposta é bastante segura: Smith é unha das estrelas máis rendíbeis no complicado panorama do cinema actual. As últimas nove películas protagonizadas polo que fora “príncipe de Bel Air” superaron a barreira psicolóxica dos 100 millóns de dólares, o que constitúe un récord nunca acadado até hoxe en Hollywood.