Karyn Kusama dirixe ao novo Drácula

361

A realizadora Karyn Kusama (Destroyer, The Invitation) será a encargada de dirixir a nova versión de Dracula que produce a Blumhouse Productions.

Matt Manfredi e Phil Hay escribirán o guión, que, o mesmo cá recente The Invisible Man de Leigh Whannell, agárda-se que sexa para unha unha longametraxe autoconclusiva, cun orzamento modesto, ambientado nos nosos tempos e baseado no clásico da literatura de terror.

Este anúncio chega pouco despois de que se soubera que hai xa outro filme de monstros en proxecto, unha posíbel nova versión de Frankenstein que producirá James Wan e da que polo de agora non se coñecen moitos mais detalles.

A última vez que o conde Drácula chegou aos cinemas foi no filme de acción Dracula Untold, protagonizado por Luke Evans en 2014, e que recadou 217 millóns de dólares en todo o mundo.