Jason Statham, lendário soldado inglés

413

O actor Jason Statham, unha das grandes estrelas de acción da actualidade, podería converter-se no protagonista de Gravel para a Legendary, a longamente agardada adaptación ao cinema da série de cómics orixinal de Warren Ellis e publicadas pola Avatar.

Nos cómics, William Gravel é un soldado inglés con poderes de máxia negra, que usa para loitar contra seres sobrenaturais e facer algúns cartos extra despois do choio traballando para outros clientes.

A Legendary planeara xa en 2009 unha adaptación, que estivo a piques de dirixir Tim Miller en 2012, pero o proxecto non seguiu adiante.

Statham pola súa banda xa estivo na lista de rumoreados para interpretar ao persoaxe da a Marvel Comics Namor o Sub-Mariner para a Universal Pictures.