Os Firpo escriben Prodigy

Matthew Firpo e Ryan Firpo, os guionistas vencellados ao proxecto Eternals da Marvel, serán os encargados de escribir a adaptación ás pantallas grandes da série de cómic Prodigy, orixinal de Mark Millar, o responsábel de Kick-Ass e Kingsman.

A história vai sobre Edison Crane, o home mais intelixente do mundo. De feito a súa mente é tan xenial que lle permite operar a un nivel sobre humán, cunha memória coma a dun computador, incríbeis poderes de observación e con moitas outras capacidades nunha cheia doutras matérias.

Ademais, Crane é un atleta do máximo nivel e ten un grande coñecemento en asuntos de negócios. Todos estes poderes permíten-lle a Crane ser un dos homes mais ricos do mundo. Pero agora o maior problema para el é o aburrimento. E para combate-lo acepta encargos de distintos governos do mundo para resolver problemas que ninguén mais pode.

A série foi desenvolvida por Millar baixo encargo da Netflix especificamente para leva-la ás pantallas. A Netflix fíxéra-se cos dereitos de todas as obras de Millar o ano pasado e está ademais a adaptar o drama de superheroes Jupiter’s Legacy, que leva xa meses en produción.