Morreu Albert Uderzo

Albert UderzoO debuxante e guionista de cómics francés Albert Uderzo morreu onte aos 92 anos na súa casa de Neuilly por mor dun ataque ao corazón. Xunto a René Goscinny foi o creador de Astérix, a grande obra mestre do cómic europeo xunto a Tintin. Os seus cómics venderon mais de 380 millóns de cópias en todo o mundo e foron traducidas a dúcias de línguas, entre elas o galego. Cando Goscinny morreu en 1977, Uderzo encargou-se do persoaxe até 2009.