O actor canadiano Ryan Reynolds está a manter conversas para protagonizar e producir unha adaptación á pantalla grande e con imaxe real do clásico videoxogo arcade dos anos 80 Dragon’s Lair para a Netflix.
Após de case un ano de negociacións, a Netflix pechou un acordo para se facer cos dereitos sobre a propriedade e neste acordo están incluídos Reynolds, Roy Lee, Trevor Engelson, Don Bluth, Gary Goldman e Jon Pomeroy coma produtores.
A história no videoxogo ía sobre un cabaleiro medieval chamado Dirk the Daring (algo así coma Dirk o Ousado) que debe rescatar á bela princesa Daphne das poutas do malvado dragón Singe e do meigo Mordroc.
O xogo foi considerado durante os anos 80 coma o mais popular nos Estados Unidos en grande medida grazas aos seus gráficos e á súa animación, que o achegaban mais a unha experiéncia de debuxos animados interactivos có clásico arcade que se adoitaba facer daquela. De feito, o maior éxito acadou-no grazas ao Laserdisc, unha plataforma que mália seu grande potencial non foi á penas aproveitada por ningunha compañía de videoxogos. Os seus autores foron Rick Dyer e Don Bluth. Este último era un animador da Disney que logo pasou a se converter en director de filmes de debuxos animados coma The Land Before Time ou An American Tail, en colaboración con Steven Spielberg.
Os irmáns Dan e Kevin Hageman (The Lego Movie, Scary Stories to Tell in the Dark) serán os encargados de escribir o guión.