Dylan Walsh é o sogro de Superman

403

Dylan Walsh, o protagonista de Nip/Tuck, será o xeneral Samuel Lane, o pai da mais famosa reporteira do Daily Planet, Lois Lane, e da súa irmá Lucy, na vindeira série da canle The CW Superman & Lois.

Tyler Hoechlin e Elizabeth Tulloch repetirán os seus papéis de Clark Kent/Superman e Lois Lane nesta série, que conta co mesmo produtor executivo de The Flash, Todd Helbing.

O papel de Walsh non será o de protagonista lóxicamente, pero coma sogro do Home de Aceiro si que se converterá nun dos rostros habituais, o xeneral do exército adito ao traballo e decidido a salvar ao mundo de todas as ameazas, as provintes deste planeta e as de fóra.

A série ten previsto comezar a se rodar en canto remate a crise provocada pola pandémia do COVID-19. A última vez que este papel foi adxudicado a alguén nas pequenas pantallas foi para Glenn Morshower en Supergirl, Michael Ironside en Smallville e Harve Presnell en Lois & Clark.