Snowpiercer adianta a súa estrea

Non todo van ser malas novas de cancelacións e adiamentos por mór do coronavirus, e así, a série da TNT Snowpiercer, protagonizada pola veterán estrela dos anos 80 Jennifer Connelly e por Daveed Diggs, comezará a se emitir a partir do domingo 17 de maio, é dicir, dúas semanas antes do que se planeara orixinalmente.

Baseada no filme homónimo de 2014 dirixido por Bong Joon-ho e no cómic orixinal Le Transperceneige, a história está ambientada nunha idade de xeo no futuro, onde os derradeiros seres humáns viven a bordo dun tren que se despraza ao redor do mundo grazas a unha máquina de movemento perpétuo.

Diggs interpretará a Andrew Layton, un ex-detective e residente nos vagóns da clase mais baixa, totalmente á cola do tren. Alí será recrutado polas autoridades para que investigue unha série de asasinatos.

Mickey Sumner, Susan Park, Benjamin Haigh, Sasha Frolova, Katie McGuinness, Sam Otto, Alison Wright, Annalise Basso, Sheila Vand, Roberto Urbina, Lena Hall e Rowan Blanchard son os outros actores que forman parte dun elenco cheo de caras de todas as córes.