Joby Harold debutará con Obi-Wan

36

Joby Harold ven de ser contratado para escribir o guión da vindeira série de Obi-Wan Kenobi na plataforma de streaming Disney+. Harold fai-se deste xeito co choio que até agora estaba nas mans de Hossein Amini, quen tivo que deixar o posto no pasado mes de xaneiro.

Esta será a primeira vez que Harold se faga cargo do guión dunha série de televisión, aínda que non é un novato no médio, que xa coñece por ser o produtor executivo de séries coma Underground ou Spinning Out. No cinema, o seu traballo mais recente foi na longametraxe de Zack Snyder Army of the Dead e coma produtor executivo na saga de cans mutantes John Wick.

Ewan McGregor confirmou xa no mes de agosto que repetiría o seu papel coma Obi-Wan Kenobi. Deborah Chow será a directora.