Jeff Loveness, un dos guionistas e coprodutores da série de debuxos animados Rick and Morty, ven de ser encargado pola Marvel Studios para escribir o guión da terceira entrega no cinema da saga de Ant-Man.
Peyton Reed repetirá unha vez mais coma director, e todo fai indicar que Paul Rudd regresará igualmente ao seu papel protagonista de Scott Lang. O acordo con Loveness seica pechou-se o mes pasado, polo que este xa comezou a escribir.
De todos os xeitos, a Marvel aínda ten que confirmar oficialmente que o proxecto está en marcha e cando sería posíbel comezar a rodaxe, o que non está nada claro por mor da pandémia, que xa adiou outras rodaxes, coma as de Shang-Chi and the Legend of the Ten Rings, Doctor Strange in the Multiverse of Madness e Thor: Love and Thunder.
A Disney anunciou hai uns días que ía facer correr todas as datas de estrea das súas películas para os vindeiros meses, incluíndo as da chamada Fase 4 da Marvel.