A estrea mundial da adaptación ao cinema nun filme de grande orzamento da saga de libros de Artemis Fowl de Eoin Colfer baixo a dirección de Kenneth Branagh, orixinalmente anunciada para o 29 de maio, ven de ser desprazada e no seu lugar producirá-se directamente na plataforma de streaming Disney+, pero sen data fixada polo momento.
A história vai sobre o xénio de 12 anos Artemis Fowl, o derradeiro descendente dunha longa liñaxe de mestres do crime, que se ve atrapado nunha loita de forza e enxeño contra unha poderosa raza agocha de fadas que podería estar atrás da desaparición de seu pai.
Ferdia Shaw, Lara McDonnell, Colin Farrell, Tamara Smart, Nonzo Anozie, Josh Gad e mais Judi Dench son os protagonistas deste filme, que conta cun guión de Conor McPherson.