Os Escollidos de Veronica Roth

332

A compañía Picturestart, propriedade do magnate Erik Feig, ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela Chosen Ones, da escritora Veronica Roth, autora asemade de Divergent.

A história ten lugar en Chicago despois de que o mundo descubri-se que a máxia é real. O libro segue as aventuras de Sloane Andrews, unha das integrantes dos “Famosos Cinco”, uns adolescentes que hai mais de dez anos venceran a un falcatruán chamado O Escuro (ou Dark One).

Agora, xa adultos, deben enfrontar-se ao trastorno por estrés postraumático, a relacións rachadas, ao pechado escrutínio da prensa do corazón, e, o peor de todo, á expectativa de que a súa misión de hai dez anos aínda non está rematada.

O libro publicará-se simultaneamente no formato de áudio na plataforma Audible, na que a actriz Dakota Fanning fornecerá a voz de Sloane Andrews. Roth, Feig, Pouya Shahbazian, Lucy Kitada, Marty Bowen e Isaac Klausner serán os produtores.