A DreamWorks aposta polo Paranormal

0
234

Paranormal ActivityA DreamWorks ven de adquirir os dereitos sobre o filme independente do director Oren Peli Paranormal Activity, unha película que vai sobre casas enmeigadas, rodado cunha cámara de man e feito cun orzamento moi limitado. No recente Slamdance Film Festival, que corre paralelo ao cada vez máis poderoso de Sundance, recebiu moi boas críticas cando foi exhibido. Ainda que o filme será distribuido internacionalmente pola IM Global, será lanzado nos Estados Unidos directamente ao mercado do DVD.

Nado e criado en Israel, Peli chegou aos Estados Unidos aos 19 anos e comezou unha carreira de programador de videoxogos antes de se converter en director de cinema. Rodou Paranormal Activity no prazo dunha semana cunha cámara de alta definición na súa própia casa e con dous actores descoñecidos, Katie Featherstone e Micah Sloat, quen á súa vez tiveron que manexar a cámara a maior parte do tempo.