Hardwicke fóra de New Moon

784

A Summit Entertainment ven de confirmar que a directora do filme Solpor (Twilight) Catherine Hardwicke, non estará para a agardada segunda parte da saga, New Moon.

Os estudos fixeron o anúncio despois de que Nikki Finke, da Deadline Hollywood, dera a nova baseándose en fontes anónimas de que a Summit rachara o seu compromiso con Hardwicke polo que segundo afirmaron forann comportamentos “difíciles” e “irracionais” da directora durante a primeira entrega desta franquía de vampiros.

O anúncio de Summit non fixo referéncia a estas alegacións e limitou-se a dicir que os estudos e mais Hardwicke viñan de anunciar conxuntamente que a realizadora non dirixiría a nova entrega e que o adiamento da segunda parte de 2009 a 2010 non tiña que ver “co tempo de preparación requerido pola señora Hardwicke para poder aportar a súa visión do filme á pantalla grande“.

Ainda non se sabe quen será o novo director. Solpor ven de recadar xa 138,5 millóns de dólares só nos Estados unidos, convertindo a Hardwicke nunha das poucas mulleres directoras capaces de lanzar unha franquía de éxito.

Catherine fixo un traballo incríbel axudándo-nos a lanzar a franquía de Solpor, agradecémos-lle todos os seus esforzos, e temos moitas esperanzas en traballar con ela en futuros proxectos da Summit“, dixo Erik Feig, o presidente de producion da Summit, nunha declaración. “Como estudo temos a obriga de levar a seguinte entrega da franquía á pantalla grande nun prazo axeitado para que os fans poidan saber mais de Edward, Bella e todos os persoaxes que creou Stephenie Meyer. Podemos negociar unha axenda temporal agresiva para ter o luxo de só adaptar as novelas en guións, en vez de ter que crear un argumento dende cero“.